En portadaÚltima hora

Soben a 148 os casos activos de Covid en Valdeorras, 16 máis que onte

O Barco. /Foto: A.R.

 

Seguen á alza unha xornada máis os casos activos de Covid en Valdeorras. Así a comarca rexistra neste xoves 24 de marzo un total de 148 positivos, 16 máis que onte, segundo os datos que vén de facer públicos a Consellería de Sanidade (actualizados ás 18h. de onte).

Soben os contaxios activos no Barco cun total de 74 positivos (11 máis que onte), en Carballeda de Valdeorras con 3 (2 máis que onte), na Rúa con 24 (5 máis que onte) e en Rubiá con 6 (1 máis). Por contra baixan os positivos na Veiga con 8 (1 menos que onte) e en Vilamartín con 26 (2 menos).

Os datos mantéñense igual que onte no Bolo con 5 casos activos, en Larouco que segue libre de coronavirus e en Petín, que continúa con 2 positivos.

En canto ás hospitalizacións, o Hospital Público de Valdeorras ten 6 ingresos en planta por Covid, 1 menos que onte.

Artigos relacionados

Back to top button