Unha xornada máis sobe o número de casos activos de Covid-19 en Valdeorras. A comarca rexistra neste xoves 21 de abril un total de 171 positivos (actualizados ás 18h. de onte), o que supón 11 máis que onte segundo os datos facilitados pola Consellería de Sanidade.
Soben os positivos no Barco con 96 (6 máis que onte), en Carballeda con 6 (1 máis), en Petín con 4 (1 máis que onte), na Rúa con 37 (2 máis que onte) e en Vilamartín con 12 (3 máis que onte). En cambio baixan no Bolo que ten 5 (2 menos que onte).
Os datos mantéñense en Larouco que segue con 2 positivos, en Rubiá que continúa con 6, e na Veiga con 3, os mesmos casos activos que onte.
Con respecto aos ingresos no Hospital Público de Valdeorras, nesta xornada hai 12, 1 menos que onte.