Lixeira repunta nos casos activos de coronavirus no Barco. Segundo os últimos datos comunicados neste 14 de xaneiro polo Sergas ao Concello, o municipio rexistra 5 positivos, 3 máis que onte.
En canto ao número de novos casos de coronavirus diagnosticados no Barco nos últimos 14 días, mantense entre 1 e 9 casos, cunha incidencia acumulada para o concello de ≤25, segundo a Consellería de Sanidade.