ConcellosÚltima horaViana do Bolo

Soben a 90 os casos activos de Covid en Viana do Bolo, 12 máis que o venres

Praza Maior de Viana do Bolo./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Incremento tamén nos casos activos de Covid en Viana do Bolo. Segundo os últimos datos comunicados ao Concello polo Sergas (actualizados ás 18h. de onte), na xornada deste luns 10 de xaneiro son 90 casos activos no municipio. Isto supón 12 máis que os rexistrados o pasado venres.

“Segue a incrementarse o número de afectactos/as, polo que lembramos a veciños e veciñas a necesidade e a obriga de manter e respectar as normas e medidas sanitarias”, insisten dende o Concello, que tamén desexa “unha pronta recuperación ás persoas afectadas”.

 

Artigos relacionados

Back to top button