En portadaÚltima hora

Soben os ingresos por Covid nos hospitais de Valdeorras, Verín e Ourense

Tamén seguen en aumento os casos activos, cun total de 452 na área sanitaria ourensá, 28 máis que onte

Indicador dos test Covid no Hospital Público de Valdeorras.

 

Mantense o repunte de casos activos de Covid-19 na provincia de Ourense. Segundo os últimos datos da Consellería de Sanidade (actualizados ás 18h. do 13 de decembro), hai nun total de 452 positivos (28 máis que onte), dos cales 36 están hospitalizados en planta (2 máis que onte) e 1 (1 menos que onte) na Unidade de Coidados Intensivos. En cambio, os novos casos confirmados por PCR nas últimas 24 horas baixan ata os 36, fronte aos 48 de onte.

No Hospital de Valdeorras rexístrase un total de 5 ingresos en planta (1 máis que onte) mentres o Hospital de Verín sobre a 3 (1 máis que onte) e o Hospital Universitario de Ourense rexistra 28 en planta (2 máis que onte) e 1 (1 menos que onte) na Unidade de Coidados Intensivos.

O total de casos rexistrados ata o de agora na provincia ascende a 7.940, con 7.184 curados e 302 falecidos (o último rexistrábase onte no CHUO). Polo de agora lévanse realizado 123.699 probas PCR e 65.876 probas serolóxicas.

Artigos relacionados

Back to top button