DeportesÚltima hora

Sober acollerá este sábado os Xogos de Campo a Través e Petanca de Special Olympics

Membros de Asfaval participarán no evento deportivo para persoas con discapacidade de toda Galicia
Presentación dos xogos de Special Olympics.

Un total de 214 deportistas e 40 voluntarios entre eles de Asfaval, Aspanas, As Burgas e Ado (na provincia de Ourense), participarán este sábado 26 de maio na XXI edición dos Xogos de Campo Través e Petanca de Special Olympics que este ano trasládanse á localidade lucense de Sober.

A presentación do evento tiña lugar na mañá do 23 de maio na Casa do Concello de Sober, contando coa presenza do alcalde de Sober Luis Guitián; da representante da Deputación de Lugo Sonsoles López Izquierdo; da representante de Prodeme Julio Cortiñas; e do presidente de Fademga Galicia Eladio Fernández.

O presidente de Special Olympics Galicia quixo destacar a elevada participación coa que contan estes xogos cada ano, e agradeceu o apoio e compromiso que o Concello de Sober ven prestando, non só nestes Xogos, senón nas diferentes actividades que organiza periodicamente a asociación. Pola súa parte, o alcalde de Sober fixo fincapé na necesidade de apoiar e visibilizar encontros coma este, que poñen en valor o esforzo e a capacidade de superación, ao tempo que amosan as posibilidades de tódalas persoas, sempre que conten cos apoios adecuados.

A inauguración dos xogos será 10:45h. no pavillón do Colexio Virxe do Carme.

Artigos relacionados

Back to top button