EconomíaEconomíaÚltima hora

Sober colabora con AFAMON para a creación dun grupo de traballo de apoio ás familias coidadores

As persoas interesadas deben dirixirse ao departamento de Servizos Sociais do Concello ao longo do mes de agosto

 

 

O Concello de Sober está a colaborar coa Asociación de Familiares de enfermos de Alzhéimer de Monforte (AFAMON) para a creación dun grupo de traballo de apoio a familias coidadoras de persoas con demencias ou outras enfermidades neurodexenerativas.

As persoas interesadas poderán participar dirixindose ao departamento de Servizos Sociais do Concello ao longo do mes de agosto. Así, o proxecto terá unha duración de setembro a xuño.

O proxecto divídese en varias fases. Inicialmente, e co fin de analizar as necesidades de cada grupo, realizarase unha fase de avaliación, asesoramento e información. Esta, de carácter grupal, terá unha duración de 6 horas (dúas horas por cada perfil profesional) nas que se valorarán os coñecementos e experiencias en materia de autocoidados, recursos sociais, estimulación no fogar, etc.

Posteriormente, e unha vez fortalecido o grupo de axuda mutua e coñecidas as necesidades dos participantes, realizarase un acompañamento mensual do grupo, sendo o coordinador das sesións o profesional que se considere necesario en cada caso (psicóloga, traballadora social ou terapeuta ocupacional) de tres horas de duración, na que se resolverán as dúbidas dos participantes e se fomente o debate entre elas, buscando solucións axeitadas segundo as súas propias experiencias e contorna.

Artigos relacionados

Back to top button