O Concello de Sober vén de decretar dous días de loito oficial e as bandeiras do consistorio xa ondean a media hasta polo falecemento do piloto sevillano de extinción de incendios Santiago Durán que partiu da base soberina de Doade o pasado mércores.
O seu corpo sen vida foi atopado no día de onte tras localizar siniestrada en Pena Trevinca, na parte da comarca zamorana de Sanabria, a avioneta na que viaxaba.
O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, no seu nome e o de toda a Corporación municipal, traslada o seu máis sentido pesar á familia e aos compañeiros da base de Doade.