CulturaMúsicaÚltima hora

Sober retoma as actividades culturais cun concerto de Xoán Eiriz

O concerto terá lugar o sábado, 18 de xullo, ás 20:30h no auditorio da Casa da Cultura do Concello de Sober

As actividades culturais volven ao Concello de Sober despois de varios meses sen programación debido á pandemia do coronavirus. O compositor coruñés, Xoán Eiriz, dará un concerto no auditorio da Casa da Cultura de Sober o vindeiro sábado, 18 de xullo, ás 20:30h con entrada libre.

Eiriz cantará algúns dos temas máis significativos da súa discografía así como as dez novas cancións que compoñen o seu vixésimo cuarto álbum “Poemas de amor en outono”.

Para a seguridade dos asistentes, o Concello de Sober garantiza o cumprimento de todas as medidas sanitarias e de distancia social relativas á Covid-19.

 

Cartel promocional. / Foto: cedida.

Artigos relacionados

Back to top button