ConcellosSoberÚltima hora

Sober suma unha nova centenaria

María Pérez cumpría 100 anos, en compaña da súa familia, o 3 de maio

Publicidade

 

Dende o 3 de abril o municipio de Sober conta cunha nova centenaria. Trátase de María Pérez Arias, que onte luns celebraba o seu 100 cumpreanos na súa casa da Vacariza (Neiras).

Pasou o día coa súa filla, o seu xenro e os 3 netos que residen no seu mesmo domicilio. O domingo recibiu a visita do resto de fillos e netos e onte tamén a do alcalde, Luis Fernández Guitián, que lle entregou un ramo de flores en nome do Concello.

Sober conta a día de hoxe con 13 centenarios, 10 mulleres e 3 homes.

Fotos cedidas polo Concello de Sober.

Artigos relacionados

Back to top button