CarballedaConcellosÚltima horaVídeos

Sobradelo (Carballeda de Valdeorras) estrea xardín temático

Situado nas proximidades da estación de ferrocarril e está decorado con figuriñas realizadas coa madeira reunida tras a limpeza do incendio deste verán

 

Dende esta tarde pode visitarse en Sobradelo (Carballeda de Valdeorras) un xardín temático adicado ao bosque. Está situado nas proximidades da estación de ferrocarril e ao longo desta zona verde poden verse diferentes figuriñas en madeira de animais como corzos, raposos, coellos, ou porquiños, así como flores, setas, trasnos…

 

 

Cada unha delas realizouse coa madeira reunida na limpeza realizada despois do incendio deste verán en Carballeda de Valdeorras. Foi preparada, traballada e tallada pola brigada municipal e polo obradoiro, que ademais de crear a figuriñas colocáronas na zona axardiñada para desfrute de veciñanza e visitantes.

Fotos e vídeo: cedidos.

 

Artigos relacionados

Back to top button