ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Sobrado (P. de Trives) vístese de gala na súa VII Festa Medieval

Na tarde do sábado 4 de agosto, tiña lugar un desfile polas adegas e a representación do Foral

Hai oito anos, a Asociación Cultural Folión de Sobrado decidía organizar a Festa Medieval que recrea, na primeira fin de semana de agosto, a anexión do Foral de Sobrado e do seu mosteiro á Coroa de Felipe II. E faino a través dun completo programa de dous días, nos que o pobo trivés regresa ao medievo, cun mercado medieval instalado na praza que dá cor ao pobo.

A celebración comezaba esta mañá coa apertura do mercado e a reunión de Damas e Cabaleiros na praza con posterior desfile de bandeiras polas adegas do pobo. Xa pola tarde tiña lugar a representación do Foral de Sobrado seguida pola cea ofrecida pola “Súas maxestades” e a representación de “El conde de burra regresa de las cruzadas” de José Cedena, adaptación teatral levada a cabo por veciños do municipio.

E xa na xornada de mañá domingo, 5 de agosto, ademais do mercado haberá un “yantar medieval”. Igual que en ocasións anteriores serán os xogos e torneos populares os que farán pasar unha boa tarde de domingo, a través dunha xincana con diferentes probas e carreiras polo pobo que os veciños comezan a engalanar días antes. O broche á festa será a temida e esperada Queima da Bruxa e a queimada, trala sentencia do Tribunal da Santa Inquisición que comezará en torno ás once da noite.

Artigos relacionados

Back to top button