CulturaCulturaÚltima hora

Sofía Carril, natural de Arcos, gana o premio de poesía do Concello de Paradela

A vilamartinesa Sofía Carril./ Foto: A.R.

Coa obra titulada “Versos de Outono”, Sofía Carril Calvo, natural de Arcos de Valdeorras (Vilamartín), vén de alzarse co primeiro premio de poesía no “XXIII Certame Literario Manuel-Orestes Rodríguez López”, do Concello de Paradela (Lugo).

Nesta edición do concurso presentábanse 848 obras, das cales 410 corresponden á categoría de poesía e 438 á de narrativa. O xurado estaba formado por José Manuel Mato Díaz (alcalde de Paradela), Mariña Gueimunde González (xefa territorial da Consellería de Cultura), Xesús Mato Mato (crego e musicólogo), Xulio Xiz Ramil (escritor e xornalista) e Ángel Fernández López (escritor e fillo predilecto de Paradela).

Artigos relacionados

Back to top button