Na mañá deste 16 de marzo, segundo Domingo de Coresma, O Barco de Valdeorras abría oficialmente a Semana Santa recibindo ao Cristo da Redención de Ponferrada, na igrexa de Santa Rita.
Dende ese templo e tras a eucaristía e o intercambio de agasallos entre o párroco, Jesús Álvarez e a Hermandad del Santísimo Cristo de la Redención da parroquia del Carmen de La Placa, comezaba a solemne procesión coas dúas imaxes: a do Santo Cristo da Paz do Barco e a do Cristo da Redención de Ponferrada co acompañamento musical da Chranga Brisas del Sil e da Banda de Tambores da Confraría do Santo Cristo da Praza e Virxe da Vª Angustia de Cacabelos, que sorprendían ao sacerdote cun agasallo.
Tal como explicou o párroco, moi contento de telos no Barco xa que gosta dos intercambios e colaboracións entre parroquias e confrarías, “é a segunda saída do Santo Cristo da Redención e fano porque lles teño especial cariño tanto á parroquia como á irmandade coa que xa colaborei estando eu de párroco en Cacabelos e este ano apatecíalles vir ata aquí”, abrindo así a Semana Santa no Barco de Valdeorras.
Tralo percorrido pola rúa Marcelino Suárez, a comitiva chegaba ata a igrexa de San Mauro.
Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver