EconomíaEconomíaÚltima hora

Solicitadas unhas 4.000 tarxetas “Máis Barco”

Xa finalizou o prazo para pedilas e o periódo de entrega das últimas concluirá o vindeiro 22 de febreiro

O derradeiro día de distribución e reparto de tarxetas “Máis Barco” será o 22 de febreiro e poderán usarse ata o 31 de marzo. Rematado o prazo de solicitudes das mesmas, o Concello do Barco recibía e autorizaba unhas 4.000, o que suporá mobilizar uns 200.000 euros, tal e como confirmaba o alcalde, Alfredo García esta mañá.

Cada unha das tarxetas ten un saldo de 50€, dos que 20 serán aportados polo Concello e os 30 euros restantes polo solicitante da mesma. Estas tarxetas poderán utilizarse exclusivamente nos establecementos do Barco adheridos á campaña, máis dun cento e que contan cunha identificación no seu exterior.

A campaña é posible grazas a un convenio firmado entre o Concello e a Asociación Empresarial de Valdeorras (en cuxas oficinas se fai a entrega) e que supón unha aportación municipal de 115.000 euros.

Artigos relacionados

Back to top button