EconomíaEconomíaÚltima hora

Solta de libros polo Barco

Trátase dunha iniciativa do CCA e do Concello para celebrar as Letras Galegas

 

Non se sabía a hora, pero si o día. O 16 de maio un total de 44 establecementos do Barco Centro Comercial Aberto (CCA) participaban nunha curiosa iniciativa: unha solta de libros, aportados polo Concello do Barco e polo CCA entre os clientes presentes neses momentos nos locais da campaña.

Así dende primeira hora da mañá deste martes entregábanse de balde aos clientes libros, entre eles algúns do autor homenaxeado nas Letras Galegas deste 2023, Francisco Fernández del Riego. Tamén se liberaron libros escritos por autores valdeorreses como Florencio Delgado, Antonio Castro Voces, David Vázquez e Ricardo Gurriarán; obras infantís, xuvenís e para adultos, novelas, un estudo sobre a louxa, antoloxías poéticas, biografías…

A liberación de libros, que tamén se facía na Praza de Abastos, continuará durante mañá mércores 17 de maio, con entregas nos bares asociados ao CCA O Barco participantes na campaña que forma parte da programación das Letras Galegas 2023 do Concello do Barco, tal e como anunciaba a concelleira de Cultura do Barco, Margarida Pizcueta na presentación do actos.

Os comercios participantes son A Horta de Fina e Mar, Alba Dobao Belleza & Wellness, Almacenes Pote, Ana de la Puente, Ana Óptica, Baamonde, Bicis Chapi, Boutique Suá, Can Can, Caprichos, Casabella, D Chus, Dulce Bebé, Electrodomésticos Arias, Eneska, Eva Textil Hogar y Lencería, Ferretería Pereira, Ferretería Moncho, Ganu, Garoba, Javier Brasa Fotografía, Joyería Víctor, Koki, Laurarte, Librería Murciego, Librería Yoli, Marylebone, Miranda, Moda Anímate, Modas Toño, Muebles Victoria, Multiópticas Valdeorras, N 37, Nós, O Bambán dos Sorrisos, Peluquería Glamour, Pili Confecciones, Pizpireta, Praxis, Ton y Son, Trios 2.0 e Varadero.

A Hostalaría participante: Café Teatro Bajo 5 e Cervecería 13/14.

Artigos relacionados

Back to top button