CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Son do Sil actuará no Luar (TVG) o 27 de outubro

Son do Sil no concerto das Festas do Cristo, no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Tras cinco anos se actuar no Barco, Son do Sil reencontrábase co seu fiel público nun exitoso concerto que abarrotaba a praza Maior barquense no marco das Festas do Cristo. Era un concerto moi esperado no que os asistentes eran sorprendidos con cambios no grupo (novo equipo de son, novos técnicos, tres novas voces, un guitarra e un novo subdirector musical que acompaña ao piano) e o repaso polos temas habituais no seu repertorio, dende os boleros ata temas pop dos 80 e outros novos.

Un mes e medio despois desa actuación en casa, a agrupación músico-vocal volverá actuar, desta volta na Televisión de Galicia, concretamente no programa da noite do venres 27 de outubro do Luar.

E xa no mes de novembro, o domingo día 5 viaxarán ata Mos (Pontevedra) para dar outro concerto.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button