CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Son do Sil pon música ás Xornadas Forestais e Micolóxicas de Mos (Pontevedra)

 

Pechando un completo programa de actividades que se desenvolveron ao longo da semana, na mañá deste domingo 5 de novembro Son do Sil poñía a banda sonora ás Xornadas Forestais e Micolóxicas de Mos (Pontevedra).

 

Son do Sil actuando en Mos.

 

En pequeno formato e baixo unha carpa instalada para a ocasión, a agrupación músico vocal valdeorresa facía un  repaso polos temas habituais no seu repertorio, dende os boleros ata temas pop dos 80 e outros novos.

A seguinte actuación de Son do Sil será o venres 10 de novembro (se non hai máis cambios) no Luar da Televisión de Galicia.

 

 

Fotos e vídeo cedidos.

 

Artigos relacionados

Back to top button