“En Río pasamos en 20 días de ser o cuarto peor concello de Galicia cun incidencia acumulada de 2.260 casos de Covid a estar hoxe nunha incidencia acumulada de 0 casos”, destaca o alcalde de San Xoán de Río, Xosé Miguel Pérez botando man dos datos facilitados polo Sergas. O municipio chegou a rexistrar 12 positivos.
Sen dúbida, boas novas, tendo en conta a dinámica xeral da pandemia no territorio galego. Ademais neste 28 de xaneiro, San Xoán de Río (cunha poboación de 531 habitantes) rexistraba unha nova alta, sendo agora mesmo 4 os casos activos de Covid no municipio.