OurenseÚltima hora

Sorteo dun desconto de 6.000€ entre os que compren coche no 15º Salón do Automóbil, en Expourense

 

Combater a incerteza do consumidor sobre que tipo de coche mercar a base de descontos especiais de feira de ata o 20%, seguros todo risco e garantía de ata 10 anos. Este é o obxectivo dos 16 concesionarios oficiais da provincia de Ourense pertencentes á Asociación de Concesionarios de Automóbiles de Ourense (A.C.A.U.T.O.) que participan como expositores no 15º Salón do Automóbil que abriu hoxe as súas portas en Expourense. Esta fin de semana celébrase o salón adicado ao Vehículo Novo e a fin de semana quen será o de Ocasión.

Facendo un percorrido polos 300 vehículos novos que se expoñen esta fin de semana, resulta evidente a imposición do vehículo eléctrico, tanto ao 100% como de motorización híbrida, é máis, exponen por primeira vez marcas, como é o caso de Leap Motor, que fabrican en exclusiva coches eléctricos. Tamén son eléctricas a meirande parte das 37 novidades presentadas polos expositores e onde destacan modelos que celebran o seu aniversario como el 50º aniversario do Volkswagen Golf ou os 40 do Seat Ibiza, por poñer exemplos. Dende ACAUTO indican que o mercado da automoción estase recuperando e aumentando progresivamente as vendas ao redor dun 10% con respecto ao 2023 e destacando sobre todo o auxe do sector dos coches eléctricos, cuxas vendas aumentaron un 29% dende o último ano. Ata o 30 de setembro vendéronse na provincia de Ourense 1.283 coche eléctricos.

A xornada de apertura contou cunha visita aos expositores por parte de distintos representantes das administración autonómicas e provinciais como o delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Manuel Pardo; o tenete alcalde de Ourense, Aníbal Pereira,; o deputado provincial de Ourense, Jorge Pumar; a senadora Rosa Sánchez ou a parlamentaria Noelia Pérez, entre outros, que visitaron este salón acompañados por distintos empresarios do sector e polos membros de ACAUTO. Estas autoridades felicitaron aos expositores por conseguir presentar unha oferta con tanta calidade e variedade disposta a cubrir todas as necesidades e resolver todas as dúbidas dos potenciais clientes.

 

 

Entre as dúas citas, novo e de ocasión, exporanse 660 vehículos entre novos e de ocasión. Entre os vehículos novos expostos neste primeiro salón pódense atopar coches de todos as gamas e motorizacións destacando sobre todo a oferta en microhíbridos, híbridos, híbridos enchufables e eléctricos 100%. Os prezos oscilan entre os 11.900 euros do Leap Motor T03 e os 180.790 euros do Porsche 911 Carrera 290 KW. Os concesionarios ofrecen descontos especiais en feira que poden chegar ata os 10.000 euros Cada concesionario ofrece ademais as súas propias condicións de financiamiento e novos formatos de compra que inclúen o pago de taxas mensuais polo uso dun vehículo.

Tanto dende ACAUTO como dende Expourense indícase que estas dúas citas son unha magnífica oportunidade (por calidade, cantidade, variedade e prezos especiais en feira) para aqueles que buscan un coche novo. Como incentivo para animar aos visitantes a axilizar o proceso de decisión, a organización volve sortear, entre os visitantes que pechen a compra dun automóbil novo ou de ocasión nestas citas, un cheque regalo por importe de 6.000 euros a descontar do prezo de compra do vehículo adquirido.

O horario do 15º Salón do Automóbil – Vehículo Novo será hoxe de 10 a 20:30 h., e mañá de 11 a 20h. O prezo da entrada son 3 euros por cada salón (menores de ata 12 anos teñen entrada gratuíta).

Artigos relacionados

Back to top button