ConcellosManzanedaÚltima hora

Soutipedre (Manzaneda), un dos portos da 3ª etapa da Volta a Galicia 2022

 

Dende as 12 horas deste sábado 17 de setembro, os corredores dos 18 equipos participantes na 20ª Volta Ciclista a Galicia percorrían os 114 quilómetros a 3ª tirada, con saída e meta na Estación de Montaña Manzaneda, que atravesou nove concellos do oriente da provincia: Trives, Larouco, Petín, A Rúa, Vilamartín, O Barco, A Veiga, O Bolo e Manzaneda.

 

O pelotón subindo por Soutipedre.

 

A tirada de montaña, unha das máis duras e esixentes da ronda galega, abarcaba dúas metas volantes, no Barco (diante do Concello) e na Veiga (antes da rotonda), e a subida a tres portos: o Alto da Portela -de segunda categoría-, Soutipedre -segunda categoría- e a ascensión final á Estación de Montaña de Manzaneda -primeira categoría-.

Nestas imaxes podemos ver aos ciclista durante o duro ascenso a Soutipedre, no concello de Manzaneda, e posterior baixada rápida e sinuosa, animados en varios puntos polos veciños.

 

Dous dos ciclistas que compiten nesta edición da Volta a Galicia.

 

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button