CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Sr. Jingles actuará na 60ª Feira do Viño do Ribeiro

O concerto da banda liderada polo barquense Ramiro Núñez será o 28 de abril ás 21:30h. no Palco da Alameda, en Ribadavia

Sr. Jingles./ Foto: Facebook da banda.

 

Ano novo, proxectos novos. Coa reedición de temas como Fénix, un dos máis coñecidos do seu primeiro disco, neste 2023 Sr. Jingles comezaba unha nova etapa que levará á banda liderada polo músico barquense Ramiro Núñez, por diferentes escenarios.

Hai apenas un mes actuaba en casa, no Café Teatro Bajo 5 do Barco de Valdeorras, e a finais de abril será un dos convidados musicais da 60ª Feira do Viño do Ribeiro.

O vindeiro venres 28 de abril, Ramiro Núñez, David Quintas, Lucas Rodicio, Ralph e Luis Vivas subiranse ao escenario do Palco da Alameda, en Ribadavia, para deleitar ao público co seu potente directo. O concerto comezará ás 21:30 horas.

E xa no mes de xuño Sr. Jingles formará parte do cartel do 5º aniversario do Barbeira SeaSon Fest que se celebra en Baiona (Pontevedra), compartindo escenario con Xoel López, Iván Ferreiro ou Habitación Vudú, entre outros moitas bandas.

 

Artigos relacionados

Back to top button