Non deixou de actuar, aínda que pouco, inmerso na preparación do seu novo disco do vai dando pequenos adiantos e hoxe, presenta El Sol.
Na xornada deste venres 14 de marzo Sr. Jingles daba a coñecer no perfil de YouTube, o novo “videoclip do sinxelo máis comprometido ata a data”, segundo as súas propias palabras, enfocado nunha narrativa que describe o “arduo camiño que se percorre nas situacións máis adversas da vida”. Inspirada na “vendetta e o alzamento da verdade sobre a mentira, da luz sobre a escuridade”, nela personifícase ao mal para que “sexa o propio oínte quen poña cara ao que escoita” dándolle a liberdade de reescribir coas súas propias regras a mensaxe e escenario da canción.
Neste videoclip figuran: Marws Warryngton (batería e responsable do estudo de gravación), Ralph López (baixo), Lucas Rodicio (guitarra) e Sr. Jingles/ Ramiro Núñez (voz e guitarra).