A partir das 23h. deste sábado está previsto un concerto da banda Staytons no Café Teatro Bajo 5 do Barco, situado na praza do Sagrado. O prezo das entradas é de 10 € por internet e de 12 € en taquilla.
Staytons é un grupo formado a finais de 2015 en Villaviciosa (Asturias). Posúe unha enorme e variada cantidade de influencias e ramas musicais, desde técnicas de formación clásica, sons do folk, country, blues e rock, ata o funk, soul, e mesmo algunha nota de jazz.