CD RúaDeportesFútbolGalerías de fotosÚltima hora

Sufrida vitoria do CD Rúa en casa ante o Paderne

Co 1-0 remataba o partido disputado na tarde deste sábado 19 de marzo no campo Vicente Solarat Maceda

 

Na tarde deste sábado 19 de marzo, Día do Pai, a afección reencontrábase co fútbol sénior no campo rues Vicente Solarat Maceda, nun partido polémico que vencía pola mínima o conxunto local.

A polémica viña dada polo propio colexiado que, ante as protestas dos propios xogadores e sobre todo do público, amosaba cartóns amarelos a diestro e siniestro (9 só para o Rúa, incluído ao míster), prolongando o tempo de desconto durante varios minutos. Tamén no terreo de xogo se respiraba certa tensión por parte dalgún xogador, especialmente nos minutos finais do partido, aínda que a cousa non deixou de ser anecdótica.

Polémicas á parte, o partido da xornada 19 en Segunda Galicia enfrontaba no campo rues ao CD Rúa (nos postos de cabeza) e ao Paderne (na metade da táboa). Un partido que se poñía de cara para o conxunto local grazas ao gol que Samu marcaba no minuto 16, pero a partires de aí, malia os intentos por parte de ámbolos dous equipos o marcador non se movería.

O do Rúa era un dos tres partidos do grupo adiantados nesta xornada. A seguinte cita para os de Javi Ferrer será un derbi: o partido de volta contra o CD Trives que disputará na vindeira fin de semana no campo do Agro.

Fotos: Mónica G. Bellver.

 

Artigos relacionados

Back to top button