DeportesÚltima hora

Suspéndese a Carreira do Turrón do Barco polas previsións meteorolóxicas

A cita estaba prevista para mañá, sábado 21 de decembro, ás 20h.

Participantes na anterior edición da Carreira do Turrón. /Foto: Carlos G. Hervella.

 

Ás previsións metereolóxicas para mañá, sábado 21 de decembro, con fortes ventos e choivas, obrigaban á Concellería de Deportes do Barco a suspender a XIII Carreira Solidaria do Turrón prevista para as 20h. con saída na praza Andrés de Prada.

Dende o Concello adiantan que anunciarán con antelación a nova data para a celebración desta proba lúdico-deportiva do programa de Nadal.

 

Artigos relacionados

Back to top button