
Organizada dende hai máis dun mes, os afeccionados ao BTT tiñan unha cita mañá, domingo 3 de setembro, na III ruta de Larouco organizada polo Concello en colaboración co Club Jabalíes da Rúa, con 40 quilómetros de percorrido (dificultade media).
Uns días antes da data, dende o Club Jabalíes informaban da suspensión da ruta, adiantando que en breve informarán da nova data.