DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Táboas no C.D. Barco-Sardoma C.F. disputado no Campiño de Viloira

Co empate a 3 goles remataba o encontro correspondente á xornada 11 da liga galega xuvenil

Os xuvenís do Centro de Deportes Barco, recén ascendido á liga galega, veñen de sumar un punto máis tralo empate a 3 goles ante o Sardoma C.F. de Vigo, na tarde do 11 de novembro. Malia rematar a primeira parte cunha vantaxe de 3 goles a 0, os vigueses conseguían recurtar distancias marcando tres goles na segunda metade do encontro co que garantizaron o empate e un punto no Camiño de Viloira.

Os rapaces de Ricardo Prada comezaron dominando o encontro (correspondente á xornada 11) cos goles de Fabriciano (15′), Brais (28′) e Santiado (31′ de penalti). Pero tralo paso polo vestiario os xogadores do Sardoma saíron ao terreo de xogo con máis actitude e dinamismo marcando os goles do empate.

Con este punto, os rapaces do Barco suman un total de 22 (levan 7 vitorias e 3 derrotas), manténdose na zona alta da clasificación. Na próxima xornada viaxarán ata o campo do Val Miñor.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button