DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Táboas no C.D. Viana-C.D. Muíños disputado no renovado campo das Carrelas

O conxunto celeste perde o liderato tralo empate a tres goles na tarde do 25 de novembro

Despois dun meteórico ascenso con catro vitorias consecutivas que o situaban no alto da clasificación, o C.D. Viana perdía o liderato na tarde do 25 de novembro, tralo empate en casa co Muíños.

Nun renovado campo das Carrelas, era Héctor quen adiantaba aos locais nada máis comezar o partido, aínda que só 10 minutos despois empataba o Muíños. Tralo paso polo vestiario, nada máis arrancar a segunda parte eran os visitantes os que daban a volta ao marcador poñendo o 1-2, e de novo Héctor marcaba para os celestes, poñendo de novo o empate no marcador. No 87′ os visitantes volvían adiantarse co 3 gol e dous minutos despois Camilo poñía o 3-3 final.

Un igualado partido o disputado en Viana no Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, unha loita á que se sumou o C.D. Viana pousando con camisetas conmemorativas e pancartas co lema “sempre libre e viva”.

O seguinte partido, xa en decembro, levará aos de Viana ata Allariz para xogar contra o CD Raio Alaricano, cuarto clasificado.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button