DeportesFútbolÚltima hora

Táboas no Campiño de Viloira no CD Córgomo Vilamartín-Pabellón Ourense

Co 2-2 remataba o partido disputado na tarde deste domingo 5 de novembro

 

Nunha tarde marcada novamente pola chuvia, o CD Córgomo Vilamartín sumaba un punto máis tralo empate a dous co Pabellón Ourense CF no Campiño de Viloira (O Barco).

 

CD Corgomo Vilamartín.
Pabellón Ourense CF.

 

Eran os valdeorreses (nesta ocasión xogaban coa segunda equipación, negra e dourada) os que se adiantaban no marcador rozando xa o final da primeira parte, co gol que Rubén lle adicaba a un ser querido falecido. Tralo paso polo vestiario, xa na segunda parte, os ourensáns empataban, sendo de novo Rubén quen adiantaba aos locais co segundo gol no minuto 67. Parecía que se mantiña o 2-1 pero rozando xa o tempo de desconto os visitantes transformaban un penalti rematando o parido co empate e reparto de puntos.

 

Xogada no Campiño de Viloira.
Rubén adicando o gol.

 

Con este resultado, os de David Pérez sitúanse no segundo posto da clasificación en Segunda Galicia, un punto por debaixo do líder, o CD Viana, co que se enfrontarán no campo das Carrelas na vindeira xornada, nun intenso e vibrante derbi.

 

 

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button