CD TrivesDeportesFútbolÚltima hora

Táboas no campo do Agro entre o CD Trives e o CD La Purísima

O equipo sénior de fútbol empataba a dous mentres que os benxamíns de fútbol sala vencían 0-3 ao Nogueira de Ramuín

 

Co empate 2-2 remataba o partido da xornada de segunda Galicia entre o CD Trives e CD La Purísima disputado na tarde do domingo 10 de marzo no campo trivés do Agro. Tras unha primeira parte sen goles, eran os visitantes os qeu se adiantaban no marcador no minuto 54 poñendo o segundo no 60′. A resposta por parte dos de Adilson chegaba por pare de Eric que marcaba no 64′ e no 85′.

Nesta fin de semana suspendíase o partido dos alevíns do CD Trives de fútbol sala e os benxamíns vencía 0-3 ao Nogueira de Ramuín.

Fotos cedidas

Artigos relacionados

Back to top button