CD VianaDeportesFútbolGalerías de fotosÚltima hora

Táboas no derbi de Primeira Futgal entre CD Córgomo Vilamartín e CD Viana

Co empate 1-1 se resolvía o partido disputado na tarde deste domingo 29 de setembro no campo do Bañadoiro

 

Moita expectación, máxima rivalidade e igualdade no resultado. Co empate a uns remataba o derbi de Primeira Futgal entre CD Córgomo Vilamartín e CD Viana disputado na tarde deste domingo 29 de setembro no campo do Bañadoiro.

 

 

Recén ascendidos á categoría, ningún dos dous equipos está pasando polo seu mellor momento aínda que o conxunto celeste (que hoxe xogaba coa segunda equipación, de cor laranxa) partía cunha lixeira vantaxe ao sumar un punto en tres xornadas.

 

CD Córgomo Vilamartín./ Foto: Torfy.

 

Numeroso público de ambos clubs se achegaban ata O Bañadoiro para ver o partido que prometía moito xogo e non defraudou aínda que con poucos goles malia as ocasións. De feito non era ata o minuto 43, preto xa do descanso cando Saki abría o marcador para o conxunto local. Tralo paso polo vestiario ambos equipo retomaban o duro xogo e cando xa parecía que os de David Pérez ían levar o derbi, no minuto 90, rozando o final Facundo empataba para o Viana.

 

 

Con este resultado o CD Viana suma 2 puntos situándose no posto 15 da clasificación e o CD Córgomo Vilamartín 1, manténdose un posto por debaixo, en zona vermella.

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button