CD RúaDeportesFútbolÚltima hora

Táboas no partido de veteranos entre o CD Rúa e a UD Cacabelense disputado no Vicente Solarat Maceda

 

Tras un longo período sen actividade na casa, os veteranos do CD Rúa volvían ao terreo de xogo no Vicente Solarat Maceda. E nada mellor que o Venres Santo, 7 de abril, para reencontrarse e disputar un interesante partido contra o conxunto de Cacabelos.

 

Veteranos do CD Rúa.

 

Así, pasadas as cinco e media dunha calurosa tarde de abril, arrancaba o CD Rúa-UD Cacabelense, arbitrado polo futbolista rues Adrián Fernández, que se saldaba cun empate 4-4 con goles locais de David Pérez, Tucho en dúas ocasións e Suso. “Un partido que dominamos ata os últimos minutos”, asegura David, recoñecendo que co 3-1 no marcador “tres erros defensivos nos últimos minutos provocaron o empate”.

 

Veteranos da UD Cacabelense.

 

Por esforzo e intensidade o Rúa merecía a vitoria pero David recoñece que o importante neste tipo de encontros é “desfrutalos e pasalo ben”, calificando de “espectacular en todos os sentidos” ao equipo de Cacabelos “que sempre está dispoñible cando lle pedimos que veñan ou cando vamos alí polo que lles estamos moi agradecidos”.

Fotos: Mónica G. Bellver.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button