Segundo partido consecutivo en casa no mes de xaneiro e segundo empate. A dous remataba o partido da xornada 20 de 3ª división disputado no campo de Calabagueiros entre o C.D. Barco e o Laracha.
Nunha tarde fría na que os afeccionados tiraban de mantas para soportar estoicamente os 90 minutos de rigor animando ao equipo, o Barco chegaba dende a terceira posición despois de empatar hai unha semana co Arenteiro e adiantábanse no marcador cun gol de Omar no minuto 31, aínda que os coruñeses lograban empatar no 49 marcando o segundo gol só tres minutos despois. A vitoria visitante mantíñase ata que David Álvarez transformada un penalti deixando o 2-2 definitivo no marcador.
No encontro, o conxunto barquense contou co debut das dúas fichaxes do mercado de inverno: Andoni Fernández e Jorge Martín Silvero.
Fotos: Carlos G. Hervella.