Os Ecovixiantes de Franciscanas de Ourense celebraron o Día das Aves cun taller de decoración de caixas niño co alumnado, así como unha selección de fichas das aves que aniñan preto do centro.
Ademais, dentro dos hábitos de vida saudable disputaban un estupendo partido de fútbol onde o Sporting Sogama se impuxo ao Atlético Pilabot por 4 goles a 2.
Un nutrido grupo acudiu ás actividades cos profesores Cristina e Gonzalo, celebrando xuntos o recente premio Medalla Prol Ecclesia.
Fotos cedidas.