DeportesPescaÚltima horaVídeos

Taller de montaxes, da man do Club de Pesca Deportiva Spinning Valdeorras

 

Fomentar a pesca responsable e o coidado do medio ambiente, é a máxima coa que nacía o Club Spinning Valdeorras, prestando especial atención ás novas xeracións. “É fundamental coller bos hábitos nos inicios e por iso intentamos ofrecer aos máis xoves un deporte alternativo, co fin de garantir un releveo xeracional que coide dos nosos ríos e mares”, aseguran dende o club de pesca deportiva que ao longo da tempada, que este ano comezará o domingo 16 de marzo, participa en competicións e organiza saídas, limpezas e obradoiros de montaxe.

 

 

Un deses talleres tiña lugar este domingo 23 de febreiro no Centro Sociocultural Santa Lucía en Vilamartín de Valdeorras para montar perdigóns, moscas secas e vinilos artesáns, ademáis de explicar as distintas técnicas a empregar na pesca en auga doce.

Vilamartín será tamén o lugar no que realizarán a limpeza de plásticos na beira do Sil este ano, prevista para o domingo 9 de marzo.

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

 

Artigos relacionados

Back to top button