CulturaCulturaÚltima hora

Taller de pedra seca e arte contemporánea, na alvariza de Bustelo de Fisteus (Quiroga)

Desenvolverase do 23 ao 29 de maio (cun horario de mañá e tarde) da man de varios profesionais da construción. Tamén participará a artista Lucía Loren

 

Quiroga acollerá un taller de pedra seca e arte contemporáneo entre os días 23 e 29 de maio dirixido ao público en xeral e no que poderán participar todas as persoas interesadas nesta técnica construtiva tradicional e nos procesos creativos vinculados co arte contemporáneo (previa inscrición no correo cultura.quiroga.quiroga@eidolocal.es ) .

A alvariza de Bustelo de Fisteus formará parte deste obradoiro organizado polo departamento de Acción Cultural Española (organismo público dedicado a impulsar e promocionar a cultura e o patrimonio de España dentro e fora das nosas fronteiras) e do Teu Xacobeo (programa da Xunta de Galicia en apoio das actividades culturais e sociais que se desenvolvan en Galicia ao amparo da celebración do Ano Santo e o Camiño de Santiago) e o Concello de Quiroga.

Neste taller, impartido por varios profesionais da construción, poderanse aprender os fundamentos básicos da técnica construtiva en pedra seca e experimentar o proceso de creación dunha proposta de Arte Contemporánea na paisaxe, da man da artista plástica Lucía Loren.

 

 

 

As obxectivos principais céntranse en contribuír á divulgación dos valores culturais, paisaxísticos e ecolóxicos que achegan estas construcións e achegalos de maneira experiencial ao público, a través dun proceso de creación colaborativo.

A proposta de actuación materialízase na rehabilitación dunha alvariza en desuso, cuxa función principal foi a de protexer ás colmeas de depredadores, que como o oso, habitaron ata metade do século XIX nestes montes. Proponse a creación dun proxecto de arte pública no interior da alvariza de Bustelo, que consolide un espazo de encontro socio-cultural, aproveitando a súa privilexiada situación xeográfica e o potencial simbólico desta estrutura que convida o encontro xa o colectivo.
As encargadas de levar a cabo este proxecto xa se reunían no pasado mes de setembro para presentarlles ás distintas asociacións socio–culturais do municipio este proxecto.

Artigos relacionados

Back to top button