CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Taller sensorial para adultos os días 18 e 25 de novembro na Aula da UNED Valdeorras, na Rúa

Fachada da UNED na Rúa. /Foto: Mónica G. Bellver.

 

A Aula de UNED na Rúa de Valdeorras, acollerá neste mes de novembro o primeiro taller sensorial para adultos. Un taller eminentemente práctico e lúdico co que se traballarán as capacidades máis básicas do ser humano, os sentidos. Unha metodoloxía non tan teórica como adoita ser habitual, dado que o obxecto do mesmo así o require. En consecuencia, moi dinámico e atractivo para os participantes.

No taller sensorial realizaranse exercicios cos que traballaremos os sentidos visual, olfativo, táctil e gustativo, de maneira que aprenderemos a poñelos en práctica correctamente e sendo conscientes deles, e conseguindo mellorar as nosas capacidades sensoriais. De tal maneira, que segundo en que ámbito laboral, por exemplo o do sector vitivinícola (moi estendido na zona de Valdeorras), o sector da alimentación e mesmo restauración, pode ser moi beneficioso para o desenvolvemento do traballo dos profesionais en traballos nos que se require unha capacidade sensorial óptima.

A estimulación sensorial que se desenvolverá no taller é beneficiosa para desenvolver os sentidos e a percepción, tamén para manter alerta á persoa e conectada co medio que lle rodea, realizando actividades nas cales se integran elementos visuais, auditivos, olfativos e táctiles. A estimulación sensorial axuda a utilizar incluso os sentidos danados, así como as habilidades residuais que queden nos mesmos.

O taller está impartido por Mª Eugenia Medina González, profesional dedicada á formación en diferentes ámbitos e sobre todo con experiencia en actividades para o desenvolvemento sensorial en adultos no sector vitivinícola, en dúas sesións: o 18 de novembro estará centrada na vista e o olfacto. Adestramento, práctica e identificación de aromas e xogos coa visión; e o 25 de novembro no gusto e o tacto. Adestramento en sabores, prácticas e identificación. Adestramento en texturas e identificación das mesmas.

Artigos relacionados

Back to top button