SanidadeÚltima hora

Taller vivencial sobre linguaxe Montessori, no Barco

Está previsto para o 26 de xaneiro e será organizado novamente polo grupo de apoio á lactancia e crianza con apego “De Nai a Nai”
Un dos talleres formativos de educación Montessori impartidos anterioremente a través de De Nai a Nai./ Foto: A.R.

Novo achegamento ao mundo da educación Montessori. Tras a excelente acollida e bos resultados dos tres talleres impartidos sobre este tema no 2018, o grupo de apoio á lactancia e crianza con apego “De Nai a Nai” porpón agora outros dous talleres deste tipo, pero centrados desta vez na linguaxe Montessori e dirixido a pais e profesores.

Impartiranse o sábado 26 de xaneiro ( de 10 a 14h e de 15 a 19 h) no local da asociación e da man de Mercedes Urbiola. “Será un taller vivencial para introducirnos no proceso de adquisición da linguaxe do neno, dende o nacemento ata o desenvolvemento da lecto-escritura e o coñecemento da nosa propia lingua, descubrindo como a través dos materiais, un ambiente preparado e un adulto respectuoso os nenos vano adquirindo de forma natural, felices e sendo eles mesmos creadores das súas propias aprendizaxes”, tal e como adianta a docente.

Durante o taller da mañá traballarase co desenvolvemento da linguaxe dos nenos de 0 a 6 anos e pola tarde, de 6 a 12 anos. “De forma natural o neno está interesado na palabra e en todo o que teña relación con ela, Montessori axuda a recuperar este proceso coa visión dun novo achegamento, dunha metodoloxía diferente que respecta o ritmo da aprendizaxe de cada neno, a súa individualidade e fai aflorar a súa creatividade e o amor pola súa cultura e a humanidade”, explican dende a organización desta acción formativa.

Artigos relacionados

Back to top button