CulturaCulturaEn portadaGalerías de fotosMúsicaÚltima hora

Tarci Ávila e Nacho Dafonte dan vida a Presumido

O dúo de Synth Pop presentaba o seu primeiro disco “Vendetta”, na sala Baranda do Barco de Valdeorras

Pouco máis que un teclado, unha batería, un proxector e un ordenador necesitaba Presumido para poñer en marcha, sobre o escenario da sala Baranda do Barco de Valdeorras, o seu proxecto de Synth Pop 2.0, unha ponte entre a música electrónica do pasado e a do presente coa que está percorrendo escenarios de toda España e incluso Europa.

Baixo o título de “Vendetta”, o seu primeiro LP que sairá á rúa a comezos de ano, Tarci Ávila (O Barco de Valdeorras) e Nacho Dafonte (Vigo) integrantes e ex-integrantes de Aerolíneas Federales, Eladio y los Seres Queridos, The Blows, Villanueva, Igloo… achegaron ao público valdeorrés unha interesante proposta baseda no pop electrónico dos 80 “retorcido coas máis contemporáneas e irreverentes influenzas da música electrónica actual”, segundo explican dende a banda, aderezada cun chamativo espectáculo visual de luces e proxeccións audiovisuais “unha montaña rusa de sentimientos e emocións”, con baladas e tamén temas intensos e cargados de matices.

Despois de ter actuado xa en cidades como Barcelona, Madrid ou París, Presumido facía parada no Barco antes de continuar coa xira “Vendetta” por Lugo, A Coruña, Ourense, Ponferrada,…

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button