CD RúaDeportesFútbolÚltima hora

Tarde de adestramento para os máis pequenos do CD Rúa

A base do conxunto rues regresaba esta semana ao campo de fútbol tras máis dun mes parados polas restricións

 

Aínda que nesta tempada aínda non chegou a competir, o CD Rúa comezaba os adestramentos das categorías inferiores a finais de ano, en canto a situación sanitaria o permitiu trala segunda onda do virus. Pero a terceira vaga de contaxios de Covid volvía complicar o panorama social e a Xunta prohibía de novo as xuntanzas e por suposto os adestramentos.

Así pois, o conxunto rues que conta cunha ampla canteira, tiña que esperar de novo a que as restricións o permitisen para regresar aos adestramentos. E así o facían este luns 1 de marzo cos equipos de prebenxamín, benxamín, alevín, infantil e cadete.

Na tarde deste xoves, 4 de marzo, os máis pequenos (prebenxamíns e benxamíns) desfrutaban dunha completa sesión de 16:30 a 18:30 horas. Seguindo unhas estritas medidas se seguridade (distancia, mascarilla,…) os cativos dividíronse en catro grupos (tres de xogadores e 1 de porteiros) con varios monitores pendentes deles.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button