DeportesFútbol salaPizarras Los Tres CuñadosÚltima horaVídeos

Tarde de emocións, reencontros e tamén despedidas no V Memorial Jess Carrrera, no Barco

O partido de fútbol sala en homenaxe a Jesús Carrera disputábase no pavillón de Calabagueiros entre o Tres Cuñados FS e o Ponfesala

Publicidade

 

Cada memorial dende o falecemento de Jesús Carrera nun fatídico accidente hai xa seis anos é un combinado de xogo, emocións e moito sentimento. Pero o disputado na tarde deste sábado 10 de setembro, o V Memorial Jess Carrera, entre o Pizarras Los Tres Cuñados FS e o COEB Ponfesala (recenemente creado) foi aínda se cabe mais especial pois incluía a homenaxe-despedida a dous dos xogadores máis veteranos do club: Bruno e Juanma.

Como sempre, antes do partido que enfrontaría  sobre o parqué a valdeorreses e bercianos, dous cativos do Tres Cuñados entregábanlle o ramo de flores aos pais de Jess, que recibían un forte aplauso por parte dos xogadores de ámbolos dous equipos e tamén do público asistente. Pero a cousa non quedaba aí e un dos xoagdores do Ponfesala, Dilín, que durante moitos anos xogou codo con codo cos irmáns Carrera, tivo o seu particular detalle coa familia: entregáballe un ramo aos pais e unha camiseta do seu equipo co número 3 (o de Jess) ao irmán Bruno, antes de fundirse nun emotivo e forte abrazo.

 

Juanma e Bruno na homenaxe de despedida.

 

E por se iso fose pouco, o propio  presidente do club, Santiago Vázquez, adicaba unhas palabras de agradecemento a Bruno e Juanma, dous xogadores que despois de moitos anos xogando e pelexando polo equipo valdeorrrés, deixaban nesta tempada paso ás novas xeracións. Así, entre aplausos e palabras de agradecemento, dous pequenos das escolas entregábanlle unha placa a cada un a modo de despedida.

A partir de aí e tralas fotos de planteis comezaba o encontro. Un partido que malia ser amigable destacou pola intensidade e ganas por parte de ámbolos dous equipos, sendo o visitante quen se adiantaba no marcador. Finalmente o resultado era de 4-7, cos goles locais de Bruno, Hamza E. en dúas ocasións e Mauro), marchando para Ponferrada o trofeo deste memorial tan especial. Polo Tres Cuñados xogaban de inicio Marcos (p), Bruno (c)(1), Juanma, Albor e Hamza E.(2). Despois entraría un carrusel de cambios con moita xuventude: Mauro (1), Samuel, Bencho, Vedo (p), Moha, Lyo, Hamza B, Dani(p) e Hugo.

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver

 

 

Artigos relacionados

Back to top button