Dobre celebración na tarde deste sábado 19 de novembro no campo Vicente Solarat Maceda, na Rúa. Por un lado o partido do equipo sénior do CD Rúa correspondente á xornada 11ª en Segunda Galicia contra o CD Espadana que se resolvía co empate a 3.
E por outro lado o tradicional magosto do CD Rúa que tralo partido reuníu a xogadores, directivos, socios e afeccionados en xeral en torno ás castañas asadas. Por 5 euros que custa a entrada, os asistentes poderán degustar, ademais das castañas, bolo preñado, bica e viño/ auga.
A festa contará tamén coa animación musical de DJ Poti.
Fotos: Mónica G. Bellver salvo a tres últimas da galería que son cedidas.