Moi activa estivo a soleada tarde deste domingo na área recreativa do Aguillón, na Rúa, con xente paseando e tamén praticando algún deporte.
Uns xogaban ao fútbol no campo Vicente Solarat Maceda, outros á petanca e outros a un deporte menos coñecido na zona como é o kickingball, co que desfrutaba un grupo de xoves, no antigo campo de fútbol. Un deles explica a súa dinámica e convida á poboación a unirse á eles na súa práctica.
Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.