ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Tarde de magosto na Rúa ao ritmo de Danzalia

Un ano máis e fieis á tradición outonal, numerosos veciños asistían na tarde do 4 de novembro ao magosto organizado polo Concello da Rúa.

Previo pago de 2 euros, os asistentes (de todas as idades) desfrutaron dunha merenda a base de castañas asadas, un bolo preñado (pan con chourizo) e viño ou auga, amenizada musicalmente pola discoteca móbil Danzalia que puxo son á festa celebrada no hangar da Estación de Autobuses.

Como parte da organización, o propio alcalde da Rúa, Luis Fernández Gudiña e algúns concelleiros axudaron a repartir viño e castañas entre os asistentes.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button