As Xornadas de Teatro da Rúa continúan coa programación desta IX edición, desta volta cunha sesión de monólogos que fixo rir aos asistentes.
Moncho, Mari Calvo e Manolo, son os tres humoristas que na tarde do 8 de decembro pasaban polo escenario do Centro Cultural Avenida para compartir co público os seus “Traumas infantís”. As historias de “Barrio Sésamo” cos seus personaxes como Espinete, Don Pimpón ou o panadeiro; as xuntanzas familiares ou as festas de Nadal (Noiteboa e Fin de ano), son algunhas das experiencias que marcaron a Mari, mentres que para Manolo (membro de A Ruada), foron algúns agasallos “inútiles” que nada tiñan que ver cos seus gustos os que deixaron pegada na súa infancia aínda que el quería facer un monólogo “sobre os ligues…”. E entre un e outro, o presentador, Pedro Leyte fixo os seus pinitos falando entre outros temas, “do crime perfecto”.
A seguinte sesión das xornada, será o dominfgo 16 de decembro ás 18 h. da man de Narella Teatro coa obra Espérame en el cielo.
Fotos: Mónica G. Bellver.