DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Tarde de vitorias para o C.D. Rúa no campo do Aguillón

3-0 vencían os benxamíns e os xuvenís nos seus respectivos encontros ante Ourense e Cea

Unha boa xornada de fútbol puderon desfrutar os afeccionados que se achegaban ata o campo do Aguillón na tarde do 21 de outubro. Ás catro comezaba o partido dos benxamíns, no que o C.D. Rúa “B” dirixido por Luis María Ferrer, se enfrontaba ao Ourense C.F. “C”. Os pequenos do Rúa adiantábanse no marcador e, malia que os ourensáns atacaban buscando unha e outra vez o gol, os locais lograban aumentar a diferenza ata o 3-0 final.

De seguida tocáballe o turno ao equipo xuvenil do C.D. Rúa adestrado por Carlos que lograba o mesmo resultado positivo: 3-0 ante o C.D. Cea. Jesús marcaba o primeiro tanto local chegando ao descanso e xa na segunda parte, Jorge marcaba outros dous (nos minutos 52 e 60).

Con estos resultados, os benxamíns do C.D. Rúa “B” mantéñense líderes a súa clasificación con 9 puntos e os xuvenís sitúanse no cuarto posto con dez puntos.

Fotos: Mónica G. Bellver. As 16 primeiras da galería corresponden ao partido dos benxamíns e o resto ao dos xuvenís.

Artigos relacionados

Back to top button