O lugar de Meamán, no Concello de Baños de Molgas acollerá este sábado 16 de xullo o espectáculo “Historias de vida, amor, guerra e case morte”. Teatro e música ao vivo serán os ingredientes principais desta actividade que se enmarca dentro do programa Cultura no Camiño.
O obxectivo é levar a cultura a outros lugares do concello e non só no propio casco urbano da vila. Así, a partires das 22:30 horas, os espectadores poderán escoitar historias de amor, de emigración, de reclusión e guerra da man de Daboapipa.