CulturaCulturaÚltima hora

Teatro, narración oral e cine para celebrar as Letras Galegas no Barco

Publicidade

 

A Concellería de Cultura do Barco vén de dar a coñecer o programa de actividades coas que se celebrarán, ao longo do mes de maio, as Letras Galegas 2021, dedicado a Xela Arias, no Barco. Entre as propostas destacan as artes escénicas con propostas como “Estrela do Día” (Producións Teatráis Excéntricas) ou “Don Gaiferos” (Os Monicreques de Kukas) no Teatro Lauro Olmo ou con espectáculos ao aire libre (se o tempo permite) como “Ti e mailo mundo que apañes” de Atenea García (Xarope Tulú) ou “A todo risco” (sobre Vicente Risco e a Xeración Nós) de Avelino González.

Outro dos referente será o cine, cun amplo programa de filmes galegos ao longo do mes de maio da man do Cine Club Groucho Marx no Teatro Lauro Olmo.

 

Artigos relacionados

Back to top button