SanidadeÚltima hora

Terceira dose contra o Covid para o grupo de 30 a 39 anos a partir do mércores en Galicia

 

“Imos seguir traballando en canto á vacinación. Somos a comunidade autónoma con maior porcentaxe de poboación vacinada cunha dose, con dúas doses, con terceira dose e con maior pobaoción infantil vacinada cunha dose, e somos a comunidade con menor poboación ingresada. Temos como obxectivo fundamental seguir vacinando para que a xente non necesite ingreso”, dicía o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, tras o Consello da Xunta deste xoves.

Deseguido, sinalaba que se conta coa autorización para poder empezar a vacinar ás persoas que se vacinasen da segunda dose hai 5 meses e que nesta semana se concluirá a vacinación do grupo de idade entre 40 e 49 anos, coa citación de case 127.000 persoas. “Tamén tiñamos citado a 49.000 nenos de 5 a 11 anos. Imos citar ás persoas de repesca o sábado desta semana, co cal nesta semana remataremos coa primeira dose en nenos de 5 a 11 anos”, dicía Feijóo.

Ademais anunciaba que a partir do vindeiro mércores comezarase coa vacinación da terceira dose para os galegos de entre 39 e 30 anos. Así do 19 a 23 de xaneiro serán citadas as primeiras 182.000 persoas dese grupo de idade en Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button